200px-mercedes_cabrera.jpgA ministra de Educación e Ciencia, Mercedes Cabrera, participou nun acto do PSdeG-PSOE coa comunidade educativa en Vigo. A este encontro asistiu tamén a conselleira da Xunta de Galicia, Laura Sánchez Piñon, o alcalde da cidade e máis a candidatura pontevedresa ao Congreso e Senado.

No encontro no que participaron máis de cen persoas, ambalas dúas responsables educativas fixeron un repaso dos avances en materia educativa feitos nos últimos catro anos polo Goberno de Rodríguez Zapatero. Ademais a Ministra anunciou a creación dun consorcio para a posta en marcha da “Cidade do Mar” na cidade olívica.