vilagarcia-2-1-08.jpg

 

Dolores García, alcaldesa de Vilagarcía mantivo o pasado sábado un encontro coa candidatura dos socialistas pontevedreses ao Congreso e Senado. No encontro se anunciou a próxima rexeneración de praias con area procedente de Portugal e a creación dunha senda verde, grazas a colaboración coa Administración central.

Antón Louro, nun encontro posterior cos medios, destacou a colaboración do concello de Vilagarcía coas Administracións como unha das formas de conseguir os proxectos de impulso da cidade.