Antón Louro mantivo hoxe un encontro dixital cos internautas dende o Faro de Vigo. temas linguisticos, infraestructuras e a tarifa nocturna foron algunhas das preguntas enviadas polos internautas o candidato dos socialistas o Congreso por Pontevedra.![]()
Xo 28 Febreiro, 2008
Contacto cos internautas dende Faro de Vigo
Posted by PSOE de Pontevedra under GeneralLeave a Comment
Lun 4 Febreiro, 2008
A alcaldesa de Vilagarcía coa candidatura socialista
Posted by PSOE de Pontevedra under GeneralLeave a Comment
Dolores García, alcaldesa de Vilagarcía mantivo o pasado sábado un encontro coa candidatura dos socialistas pontevedreses ao Congreso e Senado. No encontro se anunciou a próxima rexeneración de praias con area procedente de Portugal e a creación dunha senda verde, grazas a colaboración coa Administración central.
Antón Louro, nun encontro posterior cos medios, destacou a colaboración do concello de Vilagarcía coas Administracións como unha das formas de conseguir os proxectos de impulso da cidade.
Lun 4 Febreiro, 2008
Mercedes Cabrera coa comunidade educativa en Vigo
Posted by PSOE de Pontevedra under GeneralLeave a Comment
A ministra de Educación e Ciencia, Mercedes Cabrera, participou nun acto do PSdeG-PSOE coa comunidade educativa en Vigo. A este encontro asistiu tamén a conselleira da Xunta de Galicia, Laura Sánchez Piñon, o alcalde da cidade e máis a candidatura pontevedresa ao Congreso e Senado.
No encontro no que participaron máis de cen persoas, ambalas dúas responsables educativas fixeron un repaso dos avances en materia educativa feitos nos últimos catro anos polo Goberno de Rodríguez Zapatero. Ademais a Ministra anunciou a creación dun consorcio para a posta en marcha da “Cidade do Mar” na cidade olívica.
Mér 30 Xaneiro, 2008
Presentación das candidaturas na Xunta Electoral
Posted by PSOE de Pontevedra under GeneralLeave a Comment
Hoxe presentamos na Xunta Electoral de Pontevedra as nosas candidaturas as eleccións xerais do nove de marzo. Os candidatos o Congreso, Antón Louro e Domingo Tabuyo, xunto co secretario provincial do PSdeG-PSOE, Modesto Pose, acudiron á Audiencia Provincial na capital para facer o rexistro oficial das candidaturas. O PSdeG-PSOE foi o tercer partido que presentou as súas candidaturas.
Lun 28 Xaneiro, 2008
PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA ÁS ELECCIÓNS XERAIS 2008
Posted by CEF PSOE under Xeral | Etiquetas: abel caballeto, elecciones 2008, louro., pontevedra, psdeg-psoe, touriño |Leave a Comment
A presentación da candidatura pola provincia de Pontevedra ás eleccións xerais 2008 tivo lugar o 22 de xaneiro, no hotel NH Palacio de Vigo, na cidade de Vigo. No acto contamos coa participación do presentación da Xunta e secretario xeral dos socialistas galegos, Emilio Pérez Touriño, o alcalde de Vigo, Abel Caballero. a número dous da candidatura o congreso, Marta Estrada e como non o noso cabeza de lista, Antón Louro.
O salón de actos do hotel quedouse pequeno para acoller a todos os cidadáns que acudiron a coñecer de primeira man a nosa candidatura, e pasar un rato con eles.
Dom 28 Xaneiro, 2007
Hola a todos e todas.Este é o noso blog da campaña das eleccións xerais 2008, aquí poderedes encontrar información relativa os nosos candidatos e candidatas, asi como información relativa aos actos e demais actividades que dende a Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE desenvolveremos ao longo da Provincia.Este blog quere convertise nun vínculo directo entre os nosos candidatos e candidatas con todos vos, facéndovos partícipes das nosas propostas, e conseguindo entre todos unha nova maioría de progreso que dirixa o destino deste país nos vindeiros catro anos.




